A Fundación Fermando Blanco recompensa a aplicación dos mellores alumnos ceenses
Se xa estivemos descubrindo os mellores expedientes do Agra Raíces, hoxe toca coñecero os agraciados/as cos Premios “Fernando Blanco” correspondentes ó curso 2014-2015, os cales están organizadas conxuntamente, por cuarto ano consecutivo, pola Fundación Fernando Blanco de Lema (patrocinada por FerroAtlántica e polo Concello de Cee) e o IES Fernando Blanco de Cee, e que contan coa colaboración da Deputación da Coruña e de varias firmas comerciais do concello.
Os premiados nesta cuarta edición dos Premios “Fernando Blanco” foron:
- TANIA MARTÍNEZ CARRIL (1º F.P. BÁSICA - ELECTRÓNICA E ELECTRICIDADE)
- GEMMA FELIPE SOLANO (3º ESO)
- JOSÉ MANUEL ABUELO REY (1º BACHARELATO)
- DIEGO LÓPEZ GONZÁLEZ (1º CICLO MEDIO - ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS AUTOMÓBILES).
- PAULA CAAMAÑO SUÁREZ (1º CICLO SUPERIOR - ADMINISTRACIÓN E FINANZAS).
Con estes Premios Académicos, tanto a Fundación como o Instituto ceense, tratan, por un lado de recoñecer o esforzo, traballo, adicación e aptitudes dos alumnos e alumnas, así como, ó mesmo tempo, recuperar una tradición histórica da Fundación Fernando Blanco, posto que xa no Regulamento do Colexio-Instituto, publicado en 1886, recollíase o feito de outorgar una serie de premios para os alumnos e alumnas “co fin de recompensar a súa aplicación e aproveitamento”.
Os Premios “Fernando Blanco” están destinadas a agasallar ós mellores expedientes académicos dos seguintes cursos: 1º F.P. Básica, 3º ESO, 1º Bacharelato, 1º Ciclo Medio e 1º Ciclo Superior.
As notas dos premiados/as desta edición oscilaron entre o 8,90 e o 9,33. De feito, era requisito imprescindible para optar a ditos Premios, ter tódalas asignaturas aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5, así como matricularse no curso seguinte no IES Fernando Blanco de Cee.
Cada un dos Premios está valorado en 512 € (200 € en metálico e 300 en vales de compra doados polos establecementos colaboradores).
A cerimonia de entrega dos Premios celebrarase o sábado 5 de setembro, ás 12 horas, no salón de actos do IES Fernando Blanco.
Novas relacionadas
- Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (II).
- Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (I).
- Os debuxos da Fundación (II).
- Os debuxos da Fundación Fernando Blanco (I).
- A Fundación Fernando Blanco xa ten os seus debuxos e relatos gañadores.
- Os mellores expedientes de Cee teñen premio.
- Máis combustible para a Fundación Fernando Blanco.
- O Mar será o protagonista dos novos Concursos de Relatos e Debuxos da Fundación Fernando Blanco.
- Fernando Blanco a ritmo de rap.
- Miguel San Claudio contoulle a Fernando Blanco a historia dos naufraxios costeiros.
- A emoción foi a protagonista no 218 aniversario de Fernando Blanco.
- Os alumnos de Cee coñecen de preto a Costa dos mil naufraxios.
- Xabier Díaz trouxo o mellor da música galega a Cee.
Máis información
- Recunchos da Costa: O Edificio Fernando Blanco.
- QPC: Tesouros da Fundación.
- QPC: Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco:
- Patrimonio Galego: Edificio Fernando Blanco de Cee.
- http://www.museofernandoblanco.org.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).