Os mellores expedientes de Cee teñen premio

08:45 24/06/15

Moito estamos vindo este ano polo Agra Raíces, pero a verdade é que están facendo moitas cousas interesantes. Fomos de correndo no Agra Solidario e mesmo fomos á gradación. Desta volta tócanos visitar o salón de actos do centro ceense para ver como foi a entrega de ”Premios ao Mellor Expediente” que se outorgan aos alumnos e alumnas máis brillantes de cada nivel educativo, entre os que superen o curso na convocatoria de xuño.
Nesta ocasión, os cinco ganadores, alumnos de Educación Secundaria Obligatoria e Primeiro de Bachillerato, foron:
- Premio ao mellor expediente 1º ISO: Andrea Rodríguez Mouzo.
- Premio ao mellor expediente 2º ISO: Iria Trillo Charlín.
- Premio ao mellor expediente 3º ISO: Marcos Castelo García.
- Premio ao mellor expediente 4º ISO: Martín Alvarellos Canosa.
- Premio ao mellor expediente 1º Bachillerato: Manuel Varela Trillo.
Un premio no que colaboran as empresas Ferroatlántica e Bazarra.

Novas relacionadas
- Emotivas despedidas dos alumnos de Cee.
- AnaKrusa, unha banda ceense na conquista do festival nacional MusicAula 2015.
- Unha tarde deportiva por solidariedade co Agra Solidario.
- Unha viaxe dende o Instituto chea de historia para coñecer mundo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).