Máis combustible para a Fundación Fernando Blanco


Xa é o cuarto ano que a Estación de Servizo Bazarra e a Fundación Fernando Blanco de Lema asinan un convenio de colaboración. Julio César López Vázquez, Xerente da E. S. Bazarra, e Darío Areas Domínguez, Secretario da Fundación, foron os encargados de plasmar as súas rúbricas no mencionado convenio, mediante o cal a empresa ceense colaborará económicamente nas tres actividades programadas pola Fundación para este ano 2015.
En concreto, as actividades encadradas neste convenio son::
- III Concurso de Relatos Curtos e II Concurso de Debuxos, que coñecimos polo miúdo estes días. Ambos concursos están dirixidos a escolares dende 1º Ciclo de Primaria á ESO dos centros educativos de 10 concellos da contorna. O tema de ambos concursos xirará en torno ó tema “O mar”.
- 4ª Edición das Becas-Premio Fernando Blanco correspondentes ó curso 2014-2015. Estas Becas-Premio teñen por obxecto premiar a 5 dos mellores expedientes académicos do IES Fernando Blanco de Cee, en concreto ós cursos de 1º F.P. Básica, 3º ESO, 1º Bacharelato, 1º Ciclo Medio e 1º de Ciclo Superior.
- Programa Cultural “O Mes da Fundación”. Celebrarase no mes de outubro cunha dobre programación: por un lado actividades para todos os centros educativos de Cee e, por outro, actividades para o público en xeral.
- O Mar será o protagonista dos novos Concursos de Relatos e Debuxos da Fundación Fernando Blanco.
- Fernando Blanco a ritmo de rap.
- Miguel San Claudio contoulle a Fernando Blanco a historia dos naufraxios costeiros.
- A emoción foi a protagonista no 218 aniversario de Fernando Blanco.
- Os alumnos de Cee coñecen de preto a Costa dos mil naufraxios.
- Xabier Díaz trouxo o mellor da música galega a Cee.
- A Fundación Fernando Blanco prepara un Mes de outubro de vertixe cultural.
- Rafael Lema e Miguel San Claudio, medalla ao mérito cultural polos seus submariños traballos arqueolóxicos.
- Mes da Fundación 2013: A música pechou un mes de Cultura na Fundación Fernando Blanco.
- Mes da Fundación 2013: Os alumnos de Cee disfrutan da ciencia e dos contos no Mes da Fundación.
- Mes da Fundación 2013: Neira Vilas repasou a emigración ás Américas no Mes da Fundación.
- Mes da Fundación 2013: Rosalía e Jorge Mira comparten tesouros con Fernando Blanco.
- Recunchos da Costa: O Edificio Fernando Blanco.
- QPC: Tesouros da Fundación.
- QPC: Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco:
- Patrimonio Galego: Edificio Fernando Blanco de Cee.
- http://www.museofernandoblanco.org.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Dende a Fundación Fernando Blanco de Lema queren “agradecer a colaboración altruista e desinteresada da Estación de Servizo Bazarra, personificándoa na figura do seu xerente, Julio César López, un home fortemente comprometido coa cultura e o deporte do noso pobo”, como recoñece o propio Darío.