Luns. 20.05.2024
El tiempo

Os debuxos da Fundación Fernando Blanco

Os debuxos da Fundación Fernando Blanco

Coñecíamos onte os gañadores dos Concursos de Relatos Curtos e Debuxos da Fundación Fernando Blanco de Cee. E como avisamos, da man do coordinador do Museo e Secretario da Fundación, Darío Areas, queremos traer as obras gañadoras a QPC.

Aquí traemos primeira remesa de traballos premiados nos concursos 2015 da Fundación. Neste caso temos os tres premiados na Categoría A (1º Ciclo de Primaria) do II Concurso de Debuxos.

O 1ª premio

Os Animais do Mar de Carlos Trinidad

Este debuxo "OS ANIMAIS NO MAR" de Carlos Trinidad Leo, do Colexio Manuela Rial, levou o 1º Premio Categoría A (1º Ciclo de Primaria), consistente en material didáctico valorado en 50 € máis diploma.

O 2ª premio

Debuxos da Fundacion-Noite estrelada de Sara Trillo

Este "NOITE ESTRELADA NO MAR" de Sara Trillo Caamaño, do CEIP A Igrexa de Brens, levou o 2º Premio Categoría A (1º Ciclo de Primaria), consistente en material didáctico valorado en 40 € máis diploma.

3ª Premio

Debuxos da Fundacion-Nadar coa un peixe

O “NADAR COMA UN PEIXE”, de Ana Blanco Lema, do CEIP da Ponte do Porto, levou o 3º Premio Categoría A (1º Ciclo de Primaria), consistente en material didáctico valorado en 30 € máis diploma.

Novas relacionadas

Máis novas

Máis información

Fonte

Comentarios