Venres. 18.10.2019
El tiempo

A innovación tecnolóxica da Costa segue á espera do C3M

A innovación tecnolóxica da Costa segue á espera do C3M
O pasado mes de marzo se puña en marcha publicamente o proxecto do Centro de Coñecemento da Costa da Morte. Un proxecto pioneiro, que "situará Cee no epicentro das novas tecnoloxías do país". Cun investimento de 1,2 millóns de euros financiados polo Plan avanza do Ministerio de Industria, e levado a cabo, a través da Deputación e da Neria, pola editorial coruñesa Nenbiblo. A propia Diputación aseguraba que "as instalacións serán inauguradas a principios do próximo mes de xuño". E dende Neria tamén o aseguran dende a súa web. Pero á vista do estado das obras, ou máis ben, do edificio, parece que non vai poder ser.

Estado das "obras"

O edificio que albergará o C3M, está situado na antiga Rúa de Arriba, que a esas alturas xa se chama Rúa Magdalena, xusto embaixo da Praza dos Castiñeiros. Está situado enfrente do Hotel Larry, e polo de pronto só ten a fachada en pé. Ademais, aínda non comezaron as obras, pois a grúa que se pode apreciar nalgunha foto é doutro edificio ceense. Ademais, aínda se agarda a chegada da licencia de Patrimonio. O proxecto indica que serán case 1.000 m2 en catro plantas, cunha aberta con capacidade para 50 personas, Cafetería, un espacio para Congresos con capacidade para máis de 120 personas, Espacios de 30 m2 para albergar a 5 empresas, Salas de Reunións, máis de 100 ordenadores...

Axudas ás empresas locais

Precisamente un dos obxectivos do Centro de Coñecemento é "Favorecer, apoiar, promover e dar cobertura ás empresas (de nova creación ou as xa existentes) para que se sirvan do centro para emprender actuacións baseadas nas NN. TT. e as TIC animándoas e asesorándolas para que as integren nos seus procesos. Segundo o plan do C3M, en marzo de 2011 poríase en marcha o plan de actividades para coas empresas da zona. Polo de pronto, as poucas empresas da zona relacionadas directamente co sector, non teñen recibido información algunha da creación do Centro nin dos seus obxectivos, nin por parte da Deputación nin do que será o Xerente do Centro, o propio Secretario da Neria, Xan García.

Habituados ao retraso

Podemos atopar así unha boa semellanza coa Casa da Cultura, pois ademais de compartir as siglas, CCC, o retraso será común a ambas infraestruturas. Este pasado mes de marzo a Casa da Cultura acollía unha fin de semana de portas abertas, que parecía alentar da apertura inminente tras 11 anos de retraso. Pero desafortunadamente simplemente foi unha estratexia propagandística de cara aos comicios de maio, que ademais, funcionou.

Máis información

Nova relacionada

Fonte

Comentarios