martes. 21.07.2026
El tiempo

Un novo vehículo da Deputación para AFAFES

Deputacion AFAFES CEE 3
Un novo vehículo da Deputación para AFAFES

A Deputación vén de facer entrega aos responsables de AFAFES dunha nova furgoneta adaptada que permitirá mellorar o transporte e a atención ás persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas.

A adquisición do vehículo foi financiada pola Deputación cunha subvención de 55.000 euros, concedida no marco do programa de investimentos para adquisición de vehículos das entidades sociais da provincia.

A nova furgoneta facilitará o traslado das persoas usuarias ata as instalacións e actividades da asociación, garantindo un transporte seguro e adaptado ás súas necesidades. O vehículo permitirá tamén ampliar a capacidade de atención da entidade e apoiar as familias que teñen dificultades para realizar estes desprazamentos polos seus propios medios.

.

Ademais de financiar a adquisición do vehículo, a Deputación colabora desde hai anos con AFAFES no desenvolvemento dos seus programas de prevención da dependencia, promoción da autonomía persoal e rehabilitación de persoas con alzhéimer e outras doenzas neurodexenerativas.

Este apoio canalízase a través das liñas de subvencións que a institución provincial destina cada ano ás entidades sociais sen ánimo de lucro para o mantemento de servizos, a contratación de persoal especializado, a realización de actividades e a adquisición ou mellora de equipamentos.

Os programas desenvolvidos por AFAFES inclúen actividades de estimulación cognitiva e funcional, prevención do deterioro, rehabilitación, atención psicolóxica e acompañamento ás persoas usuarias. A asociación ofrece tamén información, orientación e apoio ás familias e ás persoas coidadoras, que desempeñan un papel fundamental durante todo o proceso da enfermidade.

Comentarios