A Plataforma contras as Preferentes anunciará nunha reunión en Brens medidas máis drásticas

Continúa a loita contra a estafa das Preferentes. E a información é un dos grandes cabalos de batalla dos grupos como a Plataforma de Afectados polas Preferentes e Subordinadas Costa da Morte. Cee está concentrando as últimas accións, e trala concentración da pasada semana diante da oficina de Novagalicia Banco, a Plataforma convoca unha nova reunión.

A xuntanza será este sábado dia 12 de xaneiro as 18:30 na Casa da Cultura de Brens (nas antigas escolas). Trátase dunha reunión aberta para todos/as afectados da comarca. E nela informarán das novas medidas a tomar pola entidade.

I é que "os responsables da Plataforma exisen unha solución ao problema causado polas Preferentes e Subordinadas e adoptarán novas medidas máis drásticas, si non se soluciona o problema".

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Nota de prensa da Plataforma de Afectados de Preferentes e Subordinadas da Costa da Morte, da man de Manuel González.