Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A loita contra as Preferentes colle nome e apelidos

A loita contra as Preferentes colle nome e apelidos
Máis dun centenar de persoas participaron na concentración contra as Preferentes diante da oficina da Novagalicia Banco en Cee

Diante da oficina en Cee da Novagalicia Banco. A concentración convocada pola Plataforma de Afectados polas Partipacións Preferentes da Costa da Morte para este venres 4 de xaneiro de 2012 tivo lugar nun lugar tan concreto coma ese, para facer clara a voz de protesta contra esta entidade bancaria.

As protestas non só van contra esta entidade, pero segundo informan dende a Plataforma, dos máis de 5.000 afectados na Costa da Morte polas participacións preferentes, moitos tiñan os seus aforros na extinta Caixa Galicia.

Así, máis dun centenar de afectados e veciños se concentraron diante da porta cunha clara mensaxe: "Queremos os nosos aforros. Goberno, solución Xa!".

I é que as solución propostas, Arbitraxe ou demanda xudicial, non parecen xustas, se ben os únicos que están a recuperar os cartos son aqueles veciños que renuncian a parte dos seus aforros. Queda así a arbitraxe en tela de xuízo.

Apoio político

BNG de Cee e Asemblea Nacionalista de Cee apoiaron a manifestación. Dende o grupo opositor consideran inxusto que "a única solución que se lles dá é perder parte do seus aforros para poder recuperar a outra parte do diñeiro que durante anos foron quen de xuntar”. Ademais “esixe ao Concello de Cee que abra unha liña de axuda e asesoramento aos afectados".

Pola súa banda, o grupo de goberno da ANC, declaraban que o Concello procurará “facilitar información á cidadanía, malia non contar cunha oficina de información ao consumidor municipal”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios