Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Os veciños de Buño e toda a comarca se mobilizan polo peche da oficina Caixa Galicia

Os veciños de Buño e toda a comarca se mobilizan polo peche da oficina Caixa Galicia
A Oficina da Caixa Galicia en Buño vai pechar

Xa vivíu a Costa da Morte un episodio semellante en Lira. Os veciños carnotáns estiveron varias semanas de mobilizacións, pero a oficina de Caixa Galicia non abriu máis. Corría o 2009, e hoxe, case en 2013, a escena repítese en Buño. Os veciños malpicáns están mobilizándose para impedir o peche dunha oficina que leva máis de 30 anos aberta.

Un peche que afecta non só aos veciños da localidade de Buño e outras limítrofes como Cerqueda, Cambre, Leiloio e todas as do concello de Malpica, senón que o feito de que a oficina da Caixa de Buño sexa un lugar moi céntrico da comarca tamén afecta aos concellos limítrofes: Cances - Carballo; Xornes - Ponteceso, Cereo en Coristanco, Cabana.
Por iso esperan unha reacción dos veciños destas localidades para presionar para que non desapareza outro servizo importante para os novos veciños.

Nese sentido, e para aunar esforzos, o concello de Malpica de Bergantiños, convocou para hoxe venres día 30 de novembro de 2012, a unha reunión na Casa do Oleiro de Buño, ás 21:00 horas, a todos os afectados como consecuencia das novas do peche da oficina da Caixa Galicia en Buño.

Veremos como remata a cousa, pero é que tal e como están as cousas para a entidade, parece complicado a súa supervivencia a nivel xeral, mesmo por moito que deixe de ser caiga e de ser galega.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios