Admitida a trámite a denuncia dun Policía Local de Cee polas supostas inxurias dun veciño

Foi admitida a trámite a primeira das moitas denuncias que o colectivo da Policía Local de Cee está a realizar trala campaña pública de descrédito realizada pola alcaldesa Margarita Lamela. Porque, como indica o avogado do corpo, fundamental para que cousas como estas pasasen foi o caldo de cultivo provocado pola irresponsabilidade dunha rexedora que no canto de unir e defender aos seus traballadores, se dedicou a difamalos, a contar en público asuntos privados; a xerar crispación, en definitiva.

Describe a querela presentada polos Axentes da Policía Local de Cee, que por circunstancias “alleas á súa vontade víronse inmersos en distintos procedementos administrativos de natureza. sancionadora en sede municipal, arquivados ao non acreditar a alcaldesa denunciante os feitos que lles imputaba, os cales aínda que son falsos, transcenderon á esfera pública e de prensa en contra da súa vontade, cuxos datos persoais debían ser obxecto de especial protección pola máxima responsable municipal, tendo en conta que como se publicou en prensa, viña a cuestionar a situación de baixa dos meus representados no marco dunha pretendida desobediencia á autoridade e unha folga encuberta de presuntamente atribuída aos policías conciliante, posicionando indebidamente a parte a cidadanía de CEE en cuestións que deberon manterse no ámbito privado”.

Neste contexto, un veciño cruzábase cun dos axentes pola rúa e lle dicía: “Dades vergonza os da policía local de Cee, dades vergonza allea, botarse de baixa e ir en contra da alcaldesa, dades vergonza ir collendo baixas, ide trabajar si tiverades vergonza non volvíades ó posto”… Unha situación que se repetiu en varios días aló por finais de 2024, agravando a situación de baixa dos axentes.

Ante esta situación, denuncian a este veciño, próximo á rexedora, por un suposto delito de inxurias e calumnias.

Máis novas