Reincorpórase o primeiro dos 7 axentes da Policía Local de Cee

12:45 13/10/25
Despois dun ano sen ningún axente de Policía Local en activo, e máis de 2 anos sen o Xefe de Policía por mor da plaga de baixas que sofre o servizo, esta semana volve a traballar un dos 7 axentes cos que conta o Concello.
A vila espera que se vaia restablecendo un servizo fundamental para a seguridade da cidadanía e para o bo desenvolvendo de actividades e cumprimento de ordenanzas.
Paralelamente iranse dilucidando as resollucións das denuncias presentadas por varios dos profesionais contra a rexedora.