O alumnado do Manuela Rial aprende das exposicións da Casa da Cultura

Que importante é conseguir que os centros de ensino aproveiten as intervencións culturais, así como o patrimonio do mesmo concello e da contorna. De aí que valoremos máis que positivamente a visita que veñen de facer o alumnado e 6º curso de primaria do Colexio Manuela Rial Mouzo ás dúas exposicións presentes da Casa de Cultura. Tomaron boa nota das explicacións do técnico de cultura e historiador, Víctor Castiñeira.

Primeiro coñeceron mulleres do século pasado, retratadas no seu ámbito privado e laboral polo histórico fotógrafo de Laxe, José María Vidal. ”Nós somos elas", da área de Igualdade da Deputación da Coruña e a AC Alexandre Bóveda, trae fotografías con textos de diferentes poetisas como Helena Villar Janeiro, Yolanda Castaño ou Rosalía Fernández-Rial, entre outras e pode visitarse ata o vindeiro 24 de febreiro.

Logo, pasaron a ver a exposición "Domingo Antonio de Andrade, vida e obra dun xenio", na que se incide na obra do mestre do barroco natural de Cee.

Alumnado do Manuela Rial aprendendo a historia e obra de Domingo Antonio de Andrade

Novas relacionadas

 

Artigos de José Ramón Senra Rey sobre Andrade

Especial Domingo Antonio de Andrade, por Víctor Castiñeira