A exposición “Nós somos elas”, coas imaxes de Vidal, convirte ao Paseo Marítimo de Laxe como espazo expositivo

10:23 02/07/21
Xa pasou pola Coruña, por Malpica e mesmo polo IES de Baio. Pero agora volve a casa, a Laxe, de onde saíron eses 24 retratos de mulleres que forman parte da historia de Laxe.
Falamos da exposición “Nós somos elas”, unha proposta de concienciación de igualdade da Deputación e a asociación Alexandre Bóveda coas fotos de José Vidal García, acompañadas pola poesía dunha vintena de autoras. Unha exposición que ademais convirte por primeira vez o paseo marítimo laxense en espazo expositivo aproveitando o legado do Arquivo Fotográfico Vidal.
Pódese ver no paseo marítimo de Laxe ata o 31 de agosto de 2021.
Novas relacionadas
- A historia da Costa da Morte nun documental coas imaxes do Arquivo Vidal e o fondo de Ramón Caamaño.
- Marzo 21: O Arquivo Vidal recupera a historia en clave de muller dende o paseo de Malpica.
- Agosto2020: As mulleres do Arquivo Vidal marabillan á Coruña:
- Outubro 2019: O Arquivo Vidal recibe o premio "Fotógrafo Histórico" da Deputación.
- Xullo 2017: O Arquivo Vidal xa é Ben de Interese Cultural:
- Abril 19: A historia do Arquivo Fotográfico Vidal.