Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Especial Domingo Antonio de Andrade (XIII): Arquitectura Civil. Obras en Santiago

Especial Domingo Antonio de Andrade (XIII): Arquitectura Civil. Obras en Santiago

Praza da Quintana rematada por Andrade

Na arquitectura civil, a pegada de Andrade é visible nunha serie de edificios domésticos ademáis de traballos puntuais para o Concello e para a Universidade de Santiago, para a que trazou a nova casa rectoral do colexio de Fonseca (na actualidade, edificio que acolle a Biblioteca Xeral da Universidade).

Edificios emblemáticos de Santiago como a Casa da Parra, a Casa da Conga ou o pazo da Rúa Nova (na actualidade casa co número 16) tamén se deben á súa autoría.

Pazo na Rua Nova de Santiago de Andrade

Característica común destas construccións é a sinxeleza das fachadas con boa sillería de granito, a abundancia de ventanais e balcóns e gárgolas fantásticas para a evacuación da auga dos tellados. Na decoración, distribución e concepción arquitectónica é claramente distinguible o modo de traballar de Andrade. A Casa da Parra chegou os nosos días con moitas modificacións sobre as trazas orxinais de Andrade pero aínda así conserva a decoración orixinal e unha das chimeneas máis espectaculares do barroco galego.

O Pazo da Rúa Nova para o Cabildo de Santiago, froito dun convenio entre éste e os monxes de San Martíño Pinario, segue o prototipo do pazo compostelán do século XVI, con soportais, grandes ventanais e balcón na fachada principal, solainas na fachada do mediodía e patio porticado interior. Desta obra son os planos de autoría de Andrade mellor  conservados.

Unha das últimas obras iniciada por Andrade sería a Casa da Conga, sendo o seu discípulo Fernando de Casas o encargado da realización do proxecto que se remataría no ano 1715 seguindo as trazas do seu mestre.
Con esta obra, Andrade remata de urbanizar definitivamente e tal como a coñecemos a Praza da Quintana, lindante coa outra praza, a de Praterías, tamén debida ó arquitecto ceense

Casa da Conga, unha das últimas obras de Andrade

 

Especial Domingo Antonio de Andrade

Novas relacionadas

Outras novas

As terras fisterráns na época de Fernando Blanco: do Antigo Réxime ós tempos contemporáneos

A gran crise europea

Especial Guerra da Independencia

As terras fisterrás no século XVIII

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos

As parroquias do concello de Cee: notas sobre a a súa poboación

Que pasou na Costa na época moderna

A Asistencia hospitalaria na Galicia do século XVI

Que pasou na Costa

Fonte

Comentarios