Sábado. 27.04.2024
El tiempo

APEM volveu ao Medievo para gozar do Entroido

APEM volveu ao Medievo para gozar do Entroido
Á Familia de APEM encántalle o Entroido A Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM) disfrutou da súa festa de entroido, a tarde do luns, na unidade residencial de Cee. Nela se retrocedeu ata o Medievo, transformaron as instalacións nun castelo, e gozaron da actuación dos residentes, que unidos en clave de humor se dispuxeron a tomar a fortaleza, arrancando sorrisos entre os asistentes. A música foi a cargo do grupo de gaitas “O Verán”, e non faltou alegría, humor e diversión entre todos os presentes. Este é un día de portas abertas nas que familiares e amigos nos acompañan cada ano, polo que agradecemos o seu apoio e participación. A festa rematou cunha merenda e chocolatada como é a tradición. Numeroso público na festa de APEM

Comentarios