venres. 06.12.2024
El tiempo

As maiores de Cee pintan no Centro Social e os pequechos visitan o Museo Fernando Blanco

As maiores de Cee pintan no Centro Social e os pequechos visitan o Museo Fernando Blanco

Doble apunte cultural o que traemos hoxe. I é que tanto os maiores como os máis pequechos da vila da Xunqueira non paran.

Visita ao museo

Na tarde do venres, un total de 35 alumnos das dúas clases de 4º de Primaria do Colexio Eugenio López de Cee, visitaron ó Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema, o cal está patrocinado polo Concello de Cee e pola empresa FerroAtlántica, para coñecer de primeira man a historia da Fundación e maila vida do indiano ceense.

Percorreron o Museo, onde recibiron a pertinente visita guiada, e aproveitando o magnífico sol que lucía, decidiron acercarse ó actual IES Fernando Blanco, onde visitaron o interior do edificio, con parada especial na capela, así como o xardín que rodea ó vello instituto.

Pintura no Centro Social

Pola súa banda, o centro social de Cee organizou un curso de pintura ó oleo no mes de outubro.Tralo éxito do mesmo e a demanda dos participante, decidiuse prorrogalo. As persoas interesasadas poden inscribirse no centro social.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Cee.

Comentarios