As Xornadas Micolóxicas volven colocar a Costa da Morte no centro de todas as miradas
A semana pasada comprobamos en Fisterra que os cogomelos tardaron en saír este ano. Así e todo tiveron boa colleita polos montes fisterráns, e para esta semana, os membros da Asociación Micolóxica Pan de Raposo esperan poder volver a chegar á cifra das 200 especies de cogomelos para as XIII Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte.
As máis especializadas xornadas de toda a bisbarra desenvolveranse os sábado 9 e domingo 10 de novembro en Cee, facendo coma sempre da Escola de Música un pequeno gran "reino fungi".
O programa compaxina exposición con visitas guiadas, con charlas e, como non, degustación. A exposición estará aberta ambos días de 10:30h a 13:30h e de 17:00h a 20:00h, e poderás recibir as explicacións sobre a mesma exposición do noso especialista José Manuel Castro Marcote o sábado ás 12:00h e de Manuel Pose Carracedo o domingo á mesma hora.
Ademais, teremos 4 conferencias polas tardes. O sábado ás 17:30 comeza José María Costa Lado cunha de "Cogomelos comestibles". De seguido, César Pérez falará do "Silvopastoreo na serra do Barbanza". Para o domingo quedarán as charlas de Chemi Traba Velay sobre "O xénero Russula", e de Francisco Lema, Chisco, cos seus vídeos sobre a "Natureza da Costa da Morte".
E como non, a parte que máis lles gusta aos menos "micolóxicos", a gastronómica. O sábado e o domingo haberá degustación de pinchos no Hotel Restaurante Larry e na Cervecería Atrio de Cee, e mais no Galeón de Ana, en Fisterra. Como para perder a ocasión de disfrutar dun produto local, de temporada, e exquisito!
Novas relacionadas
- Os cogomelos retrasan a súa saída.
- Unha mirada micolóxica dende a Costa da Morte para Galicia.
- Marcote: “A cultura micolóxica da zona experimentou un gran cambio nos últimos anos”.
- Xornadas Micolóxicas 2012: Unha viaxe musical polo reino fungui con Pan de Raposo.
Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote
- Cogomelos de Coresma.
- Champiñóns.
- Lepiotas mortais.
- Os donos dos cogomelos silvestres.
- Coas cousas de morrer non se xoga.
- Clauthrus Archeri, un cogomelo curioso.
- Macrolepiotas.
- Fungos insecticidas.
- Fungos e cogumelos.
- Intoxicación con cogomelos.
Novas micolóxicas
- 500 cogumelos de Galicia dende as páxinas da Costa da Morte.
- Contra as fumigacións agresivas.
- 500 cogumelos máis nun novo libro micolóxico con semente da Costa.
- A Costa da Morte no centro da micoloxía de Galicia.
- Marcote presenta en casa o seu novo libro de cogumelos dunares.
- Xa está a venda a terceira edición de “Cogomelos de Galicia”.
Outras novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).