Os cogomelos retrasan a súa saída


Xa tiñamos gañas de calzar as botas de auga e arrincar ao monte a coller cogumelos. E esta pasada fin de semana fumos por Fisterra arriba, da man da activa Asociación Anchoa que realizou unha xornada micolóxica.
Pola mañá tocaba a parte máis natural do proceso, sair ó monte e recoller distintas variedades de cogomelos que despois foron clasificados. Aínda que este outono parece que os cogomelos se retrasan, parece que a sequía do verán fixo retrasar a súa aparición, puideron comprobar que empezan a nacer gran cantidade de boletus, níscalos ou cantarelos, que nas vindeiras semanas seguro estarán xa a punto para a súa recolleita.
Xa pola tarde tocaba clasificar e distinguir variedades de cogomelos propios dos nosos montes, a maioría deles non comestibles (todo hai que dicilo), pero tamén puideron identificar especies que aprendemos a distinguir e que poden causar efectos mortais, como a mítica amanita phalloides, a dos pitufos.

E para rematar, que mellor que preparar uns bos pratos cos cogomelos como protagonistas e degustar distintas recetas preparadas na cociña do Bodegón Anchoa.
Haberá que repetir pois, xa aseguran por Fisterra!!

Novas relacionadas
- Unha mirada micolóxica dende a Costa da Morte para Galicia.
- Marcote: “A cultura micolóxica da zona experimentou un gran cambio nos últimos anos”.
- Xornadas Micolóxicas 2012: Unha viaxe musical polo reino fungui con Pan de Raposo.
Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote
- Cogomelos de Coresma.
- Champiñóns.
- Lepiotas mortais.
- Os donos dos cogomelos silvestres.
- Coas cousas de morrer non se xoga.
- Clauthrus Archeri, un cogomelo curioso.
- Macrolepiotas.
- Fungos insecticidas.
- Fungos e cogumelos.
- Intoxicación con cogomelos.
Novas micolóxicas
- 500 cogumelos de Galicia dende as páxinas da Costa da Morte.
- Contra as fumigacións agresivas.
- 500 cogumelos máis nun novo libro micolóxico con semente da Costa.
- A Costa da Morte no centro da micoloxía de Galicia.
- Marcote presenta en casa o seu novo libro de cogumelos dunares.
- Xa está a venda a terceira edición de “Cogomelos de Galicia”.
Outras novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Información e fotos de Angeles Nemiña da Asociación Anchoa.