luns. 11.11.2024
El tiempo

O 'Atrápame se podes' da TVG fai un castting en Cee para poder gañar 80.000€

Cartel casting_Cee
O 'Atrápame se podes' da TVG fai un castting en Cee para poder gañar 80.000€

O concurso presentado por Paco Lodeiro chega a Cee co obxectivo de atopar novos participantes. O equipo do programa trasládase este xoves 20 co seu set á Praza do Mercado de Cee e no caso de que chova estará na primeira planta do Centro Comercial Finisterrae. O programa busca xente espontánea e divertida, que se adapte ao ton humorístico do concurso e queira vivir unha experiencia única.

Os candidatos terían a oportunidade de gañar un bote que xa supera os 81.000€. No caso de non poder facerse con esta gran cifra, en cada programa o gañador conseguirá 200€.

A selección de persoas levarase a cabo en horario de mañá (11h-14h) e de tarde (16h-19h). A única condición para participar é ser maior de idade.

No caso de non poder acudir, as persoas interesadas tamén poden enviar un vídeo de presentación e os seus datos de contacto, incluíndo o nome completo, teléfono, idade, lugar de nacemento e ocupación, por Whatsapp ao 629 613 376 ou ao correo [email protected].

O concurso leva repartidos entre os seus concursantes máis de 125.000€ dende a súa estrea. Hai quen levou, ao saír victorioso nos chanzos, o
petisco diario de 200 euros. E houbo quen xa meteu no peto un bote, coma fixera en verán de 2021 un concursante, Ramiro Vidal, de Oleiros. O 'Atrápame' continúa as súas emisións de sábado a mércores ás 22h, cun notable éxito de audiencia.

Comentarios