O BNG de Cee rende homenaxe a catro escritoras locais

Concha Blanco, Guadalupe Formoso, Rocío Leira e Junquera López

Concha Blanco, Guadalupe Formos, Junquera López e Rocío Leira, son as catro autoras que serán homenaxeadas polo BNG no marco das homenaxes do grupo político ás mulleres da zona, como xa realizaron a semana pasada con Viki Rivadulla. A cita será este venres 7 ás 20:30h na praza Concha Blanco.

O acto, que contará coa presenza das homenaxeadas, consistirá nun percorrido pequeno polas prazas e rúas de Cee con nome de muller (as poucas que hai) e nas que as autoras falarán da súa faceta literaria e en como lle afecta ou non o seren mulleres. Tamén leran extractos das súas obras.

Máis novas