Rocío Leira recibe o Premio Frei Sarmiento, outorgado polo alumnado de 1º e 2º da ESO de todo o país
18:55 06/05/24
Esta matemática é de libro. A ceense Rocío Leira segue enchendo as súas estanterías de premios e as súas novelas de recoñecementos.
Esta fin de semana tivo lugar en Compostela, no Museo Pedagóxico de Galicia, a entrega da XX Edición dos Premios Frei Martín Sarmiento. E a obra escollida foi Cicuta para Dous. Un libro que xa ten un Jules Verne de Literatura.
Estes premios son moi especiais para os escritores porque son os propios escolares, arredor de 3000 alumnos por categoría, os que cos seus votos escollen as obras que máis lles gustaron. No caso de Cicuta para dous, foi premiada na 4º categoría, a que corresponde a rapaces de 1º e 2º da ESO.
Podedes ver o resto de obras premiadas en culturagalega.org.
Máis novas