Martes. 23.04.2024
El tiempo

Concha Blanco, escritora na súa terra

Concha Blanco na sua Praza-Foto-Rafa Quintans
Concha Blanco na que xa é a súa Praza no monolito que leva un poema seu-Foto-Rafa Quintáns
Concha Blanco, escritora na súa terra

Poucos chegan a ser profetas na súa terra como Concha Blanco. A escritora ceense viviu un día tremendamente emocionante este pasado sábado 12 de xuño, cunha doble homenaxe por parte da veciñanza, e por parte dos seus compañeir@s, os escritores e escritoras galeg@s. Primeiro, a veciñanza de Cee, a través do acordo plenario chegado no seu día, rendíase ante a mestra e autora co descubrimento dun monólito conmemorativo, a plantación dunha árbore, e a colocación do seu nome á zona axardinada situada detrás do Mercado de Abastos da Vila de Cee, que pasa a chamarse Praza Concha Blanco.

A Banda de Música Municipal aderezou o evento, antes da plantación dunha árbore e dos discursos da propia Blanco, a alcaldesa Margarita Lamela e Cesáreo Sánchez, Presidente da AELG.Banda de Musica de Cee-Foto-Rafa Quintands
A Banda de Música non quixo faltar á homenaxe.Foto-Rafa Quintáns

Concha Blanco con toda a familia-Foto-Rafa QuintansInaugurando a Praza Concha Bñanco
Fotos de Rafa Quintáns do evento

Despois da sesión de fotos, a comitiva literaria trasladouse ata a Casa da Cultura, onde a sociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) fixo entrega da peza escultórica, elaborada por Soledad Penalta, a E da Educación e a Escritura.

Concha Blanco coa AELG
Recibindo o detalle da AELG

Novas relacionadas

Comentarios