mércores. 26.03.2025
El tiempo

Viki Rivadulla, primeira homenaxeada polo BNG da serie "As Nosas Mulleres

Homenaxe do BNG a Viki Rivadulla
Viki Rivadulla, primeira homenaxeada polo BNG da serie "As Nosas Mulleres

Este domingo 2 de marzo, a Capela do Pilar de Corcubión acolleu a primeira edición do acto "As Nosas Mulleres", organizado pola Acción Feminista do BNG Costa da Morte para recoñecer o valor de mulleres da comarca.

O evento foi presentado pola voceira do BNG Fisterra, Tereixa Fernández, que presentou á primeira homenaxeada, a artista muxiá Viki Rivadulla. Tereixa fixo un repaso á súa traxectoria, reivindicando a loita súa feminista, animando a todas as mulleres a que exerzan a mesma e acometan un acto de liberación nun mundo masculinizado.

No evento proxectouse un vídeo que recolle declaracións de Viki Rivadulla en dous momentos diferentes: en 2016 e no presente ano. A artista falou dos seus comezos e da temática feminista das súas obras.

"Foi unha tarde moi emotiva, falando de feminismo cun público moi entregado no que me sentín querida e arroupada", cóntanos a homenaxeada. "Unha está afeita a quitarse pedras de enriba e non tanto a que che dean visibilidade. Actos como este son moi necesarios para dar voz ás mulleres, aínda a día de hoxe necesitamos saír das tebras. Fico agradecida e moi feliz".

Artigos de VIKI RIVADULLA EN QPC

Comentarios