Martes. 01.12.2020
El tiempo

O BNG pide a creación dun Punto Limpo en Cee

Unha das entradas ao Poligono de Cee
Unha das entradas ao Poligono de Cee
O BNG pide a creación dun Punto Limpo en Cee

Non. Por estrano que pareza, Cee a día de hoxe non ten punto limpo.

Concellos como Laracha, Carballo, Carnota, Muros, Ponteceso, Santa Comba, Vimianzo ou Zas xa contan cunha infraestrutura medioambiental tan básica como esa. E dende logo, fai falta para un concello tan importante, e centro da comarca. Iso, alomenos, pensa o BNG que vén de presentar unha moción para a creación dun punto limpo.

”É preciso rematar con todos os puntos negros e vertedoiros incontrolados que existen por todo o concello e que aínda seguen a aparecer pola mala praxis de parte da poboación, pero tamén por non ter un lugar axeitado onde depositalos”, explica Serxio Domínguez Louro, portavoz do Bng de Cee.

Propón esta medida xusto cando o Concello está co prego de condicións para un novo contrato da xestión do lixo. E valora que algún terreo no parque empresarial podería acoller esta infraestrurura.

“Este tipo de instalacións tendentes a reducir impactos medioambientais dos resíduos e a súa reutilización, pasan por seren imprescindibles e prioritarias, e ademáis moi demandadas pola veciñanza, farta de non saber cómo desfacerse de lixo que non é o habitual. Por isto imos instar ao goberno a que busque financiación da Xunta de Galiza (o recente punto limpo de Vimianzo, tívoa) para poder acometer a costrucion e posta en funcionamento dun”, declarou Domínguez.

comentarios