Luns. 07.10.2024
El tiempo

Cee artella un programa das Letras Galegas con teatro, pintura, música e moito máis

Cee artella un programa das Letras Galegas con teatro, pintura, música e moito máis

O Departamento de Cultura do Concello de Cee vén de presentar o programa para este Mes das Letras trala interesante aposta no Día do Libro. Haberá un pouco de todo:

O sábado 5, ás 12.30h, o Museo Fernando Blanco, ademais de amosar os seus Tesouros abrirá unha nova exposición cos participantes no IX Concurso de Pintura.
Ese mesmo día, e contra as 20:45h, terá lugar a proxección curta Casas de Humo cunha charla con Juanma Buiturón e o colaborador histórico de QPC Víctor Castiñeira. Será unha cita solidaria e o recadado dos 3€ de entrada irá para Cáritas.

Para o vindeiro sábado 12, toca teatro con Volta e dalle teatro e os seus Menciñeiros, a partir do texto de Álvaro Cunqueiro. A cita, coma sempre, ás 20:45h no Salón de Actos do Concello.

Para mércores 16, ás 18.00h, toca a Entrega de premios dos concursos de Achegamento ó Libro, ó Teatro e Na Procura do Noso Marcapáxinas, organizados pola Biblioteca Municipal “D. Francisco Mayán”.

O xoves 17 ás 12.30h, as Letras desprçazanse á Praza da Consitución co Concerto da Banda de Música de Cee. E a partir das 16.30h Festa INfantil con Xogos Tradicionais e Obradoiros de Chapas.

O domingo 20 ás 19.00h o Salón de Actos acolle de novo unha sesión de Teatro infantil: “O señor das dunas” (para nen@s a partir dos 6 anos). Entrada gratuita. Programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

E para rematar o sábado 26 ás 17.00h na Praza 8 de marzo, Galego de cine, con proxeccións a cargo de Mr. Misto Films (nenos de 6 a 12 anos). Programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios