Co outono volve a micoloxía a Cee
Chegan as primeiras chuvias de outono e os bravos da Asociación Micoloxico Naturista Pan de Raposo xa saltan ao monte. E mentres esperamos polas XIII Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, imos quentando motores a base de saidas, para ir afianzando a súa importancia.
Precisamente a semana pasada falabamos co experto e organizador destas xornadas, José Manuel Castro Marcote, que incidía na necesidade de afianzar varios fungos nun monte calcinado para o bo crecimento de diferentes especies de árbores. Haberá que escoitalo.
E unha ocasión será esta fin de semana de sábado 5 e domingo 6 de outubro coas Saídas e o Curso Práctico de Micoloxía. Xornadas que serán na Escola de Música Municipal de Cee, o centro micolóxico da bisbarra, con este programa:
- Sábado 5 de outubro:
- 10 h.- Saida dirixida ao monte.
- 18 h.- Charla: SETAS COMESTIBLES E VELENOSAS, estudio especies recollidas. - Domingo 6 de outubro:
- 10 h.- Saida dirixida ao monte.
- 18 h.- Charla sobre temas de interés dos asistentes, estudio de especies recollidas.
Para inscribirse, podedes contactar a través do teléfono 981747044 ou por correo: marcotecee@gmail.com.
Novas relacionadas
- Unha mirada micolóxica dende a Costa da Morte para Galicia.
- Marcote: “A cultura micolóxica da zona experimentou un gran cambio nos últimos anos”.
- Xornadas Micolóxicas 2012: Unha viaxe musical polo reino fungui con Pan de Raposo.
Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote
- Cogomelos de Coresma.
- Champiñóns.
- Lepiotas mortais.
- Os donos dos cogomelos silvestres.
- Coas cousas de morrer non se xoga.
- Clauthrus Archeri, un cogomelo curioso.
- Macrolepiotas.
- Fungos insecticidas.
- Fungos e cogumelos.
- Intoxicación con cogomelos.
Novas micolóxicas
- 500 cogumelos de Galicia dende as páxinas da Costa da Morte.
- Contra as fumigacións agresivas.
- 500 cogumelos máis nun novo libro micolóxico con semente da Costa.
- A Costa da Morte no centro da micoloxía de Galicia.
- Marcote presenta en casa o seu novo libro de cogumelos dunares.
- Xa está a venda a terceira edición de “Cogomelos de Galicia”.
Outras novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).