Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Consternación na comarca polo pasamento da activista Pepa Fandiño

Consternación na comarca polo pasamento da activista Pepa Fandiño
Pepa-Fandino-deixa-o-seu-posto-de-edil-en-Cee Pepa Fandiño en 2014 cando era concelleira polo BNG de Cee

Duro pao sofre hoxe a comarca de Fisterra co pasamento dunha das activistas sociais máis recoñecidas da zona. Pepa Fandiño falecía na madrugada do pasado venres despois de loitar durante varios anos contra un cancro, e despois de superar o tráxico pasamento do seu fillo, tamén por unha longa enfermidade, en 2014.

A mestra e concelleira do BNG durante moitos anos, foi unha das creadoras do colectivo feminista Buserana, e unha defensora acérrima dos dereitos humanos e do mundo da cultura.Deixaba en 2014 a acta de concelleira deixando un legado de honestidade e bo facer en todo o plenario.

As redes sociais vense invadidas estes días de mensaxes de recordo.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-4a-promocion-do-eugenio-lopez-xuntouse-40-anos-despois/

Comentarios