Mércores. 02.12.2020
El tiempo

Costa da Morte Sub organiza un campionato de pesca submariña

Costa da Morte Sub organiza un campionato de pesca submariña
O Clube Costa da Morte Sub vai celebrar o vindeiro 22 de setembro o primeiro Campionato Solidario de Pesca Submariña. Todas as capturas serán achegadas a Cáritas. Dende a organización confían en superar os cincuenta participantes. Para participar será requisito indispensable dispoñer dunha licenza federativa de pesca submariña en vigor. O prazo de inscrición remata o día 17 de setembro. E para inscribirse, hai un enderezo electrónico a disposición de quen o desexe: [email protected] Ademáis, tamén se pode proceder a facer a inscrición na sede do clube, na Avenida de Fisterra, 126, en Cee. Os participantes deberán pagar cinco euros en caso de non ser socios do clube. De ser socios será de balde. Na proba non se poderán capturar especies planas, como congrios ou morenas. Tampouco cefalópodos nin mariscos. Unhas normas que se adaptan á normativa da Federación Galega de Actividades Subacuáticas. Dende a organización aclaran que os peixes máis habituais nesta modalidade deportiva son pintos, maragotas, lubinas ou sargos. Como xa comentamos, todos os peixes serán entregados a Cáritas despois de pesalos. David Cotelo, presidente de Costa da Morte Sub, convidou á xente a participar ao ter a actividade un fin social. A proba comezará ás 09:00h na Praia de Lourido, en Muxía. A entrega dos premios será xa en Cee, a partires das 15:30h.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios