luns. 23.03.2026
El tiempo

A Agrupación Un Paso Máis, recoñecida como "Mellor entidade na promoción/fomento do deporte inclusivo" nos Premios da Deputación

Un paso máis  Gala Premios Deporte Deputacion
A familia de Un Paso máis recibindo o premio de Valentín González Formoso
A Agrupación Un Paso Máis, recoñecida como "Mellor entidade na promoción/fomento do deporte inclusivo" nos Premios da Deputación

Todo un fito para a Agrupación Deportiva Un Paso Máis. Este venres foron galardoados co premio á "Mellor entidade na promoción/fomento do deporte inclusivo" no marco da IV Gala dos Premios do Deporte da Deputación da Coruña, o gran acto anual de recoñecemento ao ecosistema deportivo da provincia.

No acto de entrega, celebrado no Teatro Colón da Coruña, "vivimos momentos moi emocionantes, pero queremos deixar clara unha mensaxe por riba de todas: os verdadeiros gañadores deste premio onte non puideron ir á recollida, pero todos os tiñamos igualmente presentes no corazón. Eles son os nenos e nenas de Un Paso Máis. Cada sorriso, cada avance e cada barreira que rompen na pista son o noso verdadeiro premio e o motor que nos impulsa cada día", sinalaron os responsables.

"Para nós resultou un grandísimo honor poder traer este premio para Carballo, fomentando un modelo que se basea, pura e simplemente, en crear un gran equipo de voluntarios e voluntarias; unha rede humana solidaria que nos permite que, case sen recursos, poidamos alcanzar estas altas cotas de execución e facer que o deporte chegue de verdade a quen máis o necesita". Por iso mesmo, este sábado aproveitaron a tregua para saír ao parque e facerse unha foto de familia cos premios obtidos recentemente ante unha pequena representación das nosas familias.

Familia de Un Paso mais co premio da Deputacion
Familia de Un Paso máis xa o sábado co premio

 

A IV Gala da Deputación, que puxo en valor o deporte como ferramenta de cohesión social e igualdade de oportunidades, foi o escaparate perfecto para visibilizar este traballo silencioso.

Os premiados

Foto Grupo Premios DEPORTE 2026  copia
Foto Grupo Premios DEPORTE 2026 copia

A campioa de Europa de hóckey sobre patíns María Sanjurjo e o campión de Europa de patinaxe artístico Lucas Yáñez, foron escollidas mellores deportistas feminina e masculino.
Iván Raña, Javier Gómez Noya e Estrella Galicia recibiron premios honoríficos pola súa traxectoria e apoio ao deporte
Tamén houbo galardóns para o Parrulo de Ferrol, o Club Ciclista Padronés, o Club de Piragüismo Ría de Betanzos, o Torneo Viravolta Jael ou o piloto Luís Penido.

Comentarios