O CEIP Vilarmide aprende de "1ª pata" a coidar aos animais
No CEIP de Vilarmide Eduardo Noya seguen demostrando que as aprendizaxes máis importantes da vida non veñen nos libros de texto.
Desta volta, noutra actividade organizada pola ANPA Río Castro e coa colaboración de Samuel (do Centro Veterinario ADRISA) e de Tomás e Andrea (Della Rocha Residencia Canina) o alumnado coñeceu de “1ª pata” os coidados que necesita unha mascota para poder estar san e ser feliz: dende o respecto e a responsabilidade ata a alimentación, saúde, hixiene...
Aínda que a charla estivo moi interesante quen levou toda a atención foron os canciños que acompañaron a Samuel, Andrea e Tomás. Os nen@s interactuaron con eles que se deixaron acariñar encantados de tanto protagonismo.
Pero non só se falou de cousas bonitas, senón que se recordou o problema do abandono de cans e gatos (uns 700 diarios en España)
Os nen@s fixeron montóns de preguntas e aportaron a súa experiencia persoal (tod@s teñen aninais na casa) e remataron recibindo un diploma acreditativo de mellor coidador/a. Antes de marchar e como sempre os invitados de “2 patas” recibiron un agasallo da ANPA e a bandexa do Lobo Toxiño (mascota oficial do centro) e firmaron no libro de visitas.

Máis novas




