sábado. 14.03.2026
El tiempo

Piden melloras na contorna das casas baratas de Cee

PIden melloras nas casas baratas de cee
Piden melloras na contorna das casas baratas de Cee

O BNG vai presentar un escrito no concello para que se acometan unha serie de melloras na zona das Casas Baratas, ao carón da Avenida de Fisterra.  As peticións centranse na mellora integral da zona interna así como nos accesos e comunicación da zona co centro da vila. 


Solicitan accións urxentes como:

  • Actuar na recollida das augas pluviais. 
  • A renovación integral do firme. 
  • A renovación dos firmes nas entradas a zona. 
  • A mellora da iluminación da contorna. 
  • A adecuación dos puntos de ocio e reunión. 
  • A renovación e mellora dos puntos de recollida de lixo. 
  • A correcta sinalización dos pasos de peóns. 
  • A adecuación dunha vía peonil cara o centro do pobo. 

         

Comentarios