Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Da carencia de prazas de gardería na Costa da Morte

Da carencia de prazas de gardería na Costa da Morte

A situación das ducias de pais e nais da Costa da Morte é complicada. Ademais de que a situación laboral non é a máis estable, o feito de ter un fillo pode supoñer un empurrón para emigrar, cando debía significar todo o contrario. O caso é que as prazas para as garderías non deberían un obstáculo para evitar migracións, un dos meirandes problemas da nosa bisbarra. E pola contra, supón todo o contrario.

O caso da Gardería de Cee

A zona de Cee e Corcubión é un dos mellores exemplos. En Corcubión contan con tan só 20 prazas, sempre cubertas, polo que non se pode acoller o esceso de matrículas da vila da Xunqueira, deficitaria en materia de prazas tralo polémico peche da escola privada IDC.

O Concello ceense apurouse para sucsanar este problema e está en marcha a nova gardería municipal. Fixémoslle unhas preguntas ao Concello de Cee para ver como van as obras, e estas son as concisas respostas que nos mandan:

  • Vai ser incluída a Gardería de Cee na rede Galiña Azul?

Non, en principio.

  • Para cando está prantexada abrir?

Durante o mes de marzo.

  • Cantas prazas acollerá?

45 prazas agora e 60 cando se abra a cuarta unidade.

  • Vaise ter en conta a prioridade da xente que leva solicitando unha praza no último ano?

Non é posible.

  • Cal vai ser o prezo de matrícula?

Xa rematou.

Un crédito

A garderia supuxo a necesidade de que o Concello pedise un crédito de 150.000€. Un crédito que dende o Concello intentarán pagar coas axudas que, unha vez en funcionamento, aporte a Xunta polo mantemento da Escola.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios