Da carencia de prazas de gardería na Costa da Morte


A situación das ducias de pais e nais da Costa da Morte é complicada. Ademais de que a situación laboral non é a máis estable, o feito de ter un fillo pode supoñer un empurrón para emigrar, cando debía significar todo o contrario. O caso é que as prazas para as garderías non deberían un obstáculo para evitar migracións, un dos meirandes problemas da nosa bisbarra. E pola contra, supón todo o contrario.
O caso da Gardería de Cee
A zona de Cee e Corcubión é un dos mellores exemplos. En Corcubión contan con tan só 20 prazas, sempre cubertas, polo que non se pode acoller o esceso de matrículas da vila da Xunqueira, deficitaria en materia de prazas tralo polémico peche da escola privada IDC.
O Concello ceense apurouse para sucsanar este problema e está en marcha a nova gardería municipal. Fixémoslle unhas preguntas ao Concello de Cee para ver como van as obras, e estas son as concisas respostas que nos mandan:
- Vai ser incluída a Gardería de Cee na rede Galiña Azul?
Non, en principio.
- Para cando está prantexada abrir?
Durante o mes de marzo.
- Cantas prazas acollerá?
45 prazas agora e 60 cando se abra a cuarta unidade.
- Vaise ter en conta a prioridade da xente que leva solicitando unha praza no último ano?
Non é posible.
- Cal vai ser o prezo de matrícula?
Xa rematou.
Un crédito
A garderia supuxo a necesidade de que o Concello pedise un crédito de 150.000€. Un crédito que dende o Concello intentarán pagar coas axudas que, unha vez en funcionamento, aporte a Xunta polo mantemento da Escola.
Novas relacionadas
- En marcha a futura gardería de Fisterra.
- O BNG de Corcubión pide unha ampliación da Gardería municipal .
- Carnota terá unha nova gardería .
- 24-09-10: Indignación pola pasividade das adminstración ante o peche da gardería de Cee .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Fotografía de Marcos Rodríguez.