Domingo. 20.10.2019
El tiempo

Da concesión de obra pública

Da concesión de obra pública
Daniel Ogando (fillo) saíndo do xulgado - Foto: Marcos Rodríguez

[Ultima hora: 16:00h]: Segundo nos informa o Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 2 de Corcubión, ata o momento prestaron declaración ante o xuíz os imputados Daniel Ogando, pai e fillo.
Pola tarde, está previsto que pasen a disposición xudicial e declaren no xulgado os tres detidos do Concello de Fisterra e o detido do Concello de mazaricos. Os dous detidos restantes permanecerán en dependencias policiais e prestarán declaración mañá. ______________________________________________________________________ Poucas veces se repara na concesión de obra pública. E poucas esperanzas tiñamos de que un xuíz levantase a extensa trama urbanística. Pero a posibilidade de que os concellos adxudiquen obras sen necesidade dun concursos serios, permite que representantes de empresas e concellos se beneficien mutuamente. Con todo, parece que o destapado só implica tramas de obra pública, pero aínda falta moito cemento que depurar en materia de licencias de obra e novas construcións.

Máis de 3 millóns de euros en obra pública

A empresa muxiá, con máis de 20 anos de historia, é unha das máis habituais dos concursos na comarca de Fisterra. Entre 2009 e 2011 a empresa conseguíu 16 obras públicas nos 3 concellos, por un valor de 3,1 millóns de euros, dos que 1,15 chegaron dende Fisterra, 1,08 do de Cee, e algo menos de un millón dende Mazaricos. Ademais, noutros concellos como os de Corcubión tamén ten realizado obras, e outras entidades públicas como Augas de Galicia ou a Deputación tenlle adxudicado obras. Pode paracer que a renovación do céspede artificial dos campos de fútbol dos 3 concellos implicados levantase parte da trama. Pero o nome da Operación, deixa claro que o terceiro empresario implicado, ademais da familia Ogando, ten moito que dicir. Jorge López é un corcubionés afincado en Cee que se dedica ao mundo do espectáculo e á montaxe de palcos para verbenas, ao que tamén se adica a outra empresa da familia Ogando. Parece que por aí tamén van os tiros.

Obras dende a Xunta

Non só foron os 3 concellos implicados os que disfrutaron das obras da construtora muxiá. A Consellería de Medio Ambiente tamén contratou á empresa para varias obras na zona, como a Construción da estación de augas residuais de Sardiñeiro (700.000€). Concretamente Ogando levou a adxudicación da obra sendo a undécima peor proposta económica das 49 presentadas. Tamén a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, aínda en época de bipartito, contratou á empresa para desenvolver a "mellora da rede de saneamento na rúa Carrera Fábregas", en Corcubión por 164.000€. A Deputación tamén ten contratado á empres muxía para obras como a da Pavimentación, Saneamento e enerxía eléctrica da Rúa de Quenxe (75.000€)

Agunha das obras adxudicadas nos concellos da bisbarra

  • En Cee: última fase da Casa da Cultura (320.000€); Renovación do céspede artificial campo de fútbol de San Pedro de Refoxos (350.000€).
  • En Fisterra: renovación do céspede artificial no campo de Fútbol de Ara Solis (350.000€); reforma do polideportivo de Sardiñeiro (100.000€); Construción da estación de augas residuais de Sardiñeiro (700.000€)..
  • En Mazaricos: renovación do céspede artificial no campo de Fútbol de Pino do Val (350.000€).
  • En Corcubión: Adecuación do Campo do Rollo (130.000€); Ascensor e accesibilidade do Pavillón (86.000€); Axardinamento (95.000€); Pavimentación, Saneamento e enerxía eléctrica da Rúa de Quenxe (75.000€).

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios