martes. 24.03.2026
El tiempo

Corcubión, Muxía, Dumbría e Cee melloraron as súas infraestrutruas turísticas

Miradoiro de Gures
Corcubión, Muxía, Dumbría e Cee melloraron as súas infraestrutruas turísticas

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou en Cee a actuación levada a cabo no mirador de Gures ao abeiro da orde de Turismo de Galicia para as actuacións de mellora de Infraestruturas Turísticas para concellos de ata 10.000 habitantes. Unha axuda de 30.000 euros permitiu executar esta intervención.

Con esta liña de axudas Turismo de Galicia beneficiou, o ano pasado, a 67 concellos galegos de menos de 10.000 habitantes, e na provincia da Coruña foron 16 axudas as achegas concedidas por un importe de case 470.000 euros. Concretamente, na comarca de Bergantiños-Costa da Morte recibiron estes apoios 4 municipios o de Corcubión (humanización de espazos interiores e adxacentes do casco histórico) o de Muxía (recuperación da Fonte da Igrexa), o de Dumbría (recuperación e embelecemento do acceso á praia do Ézaro), que xunto con Cee, ascenden a máis de 110.000 euros para as catro actuacións.

As obras de Gures

Belén do Campo explicou que se levou a cabo a cabo unha actuación integral de recuperación e mellora do miradoiro de Gures, un enclave privilexiado desde o que se poden contemplar as localidades de O Pindo, a ría de Corcubión e Cee, a enseada de Ézaro, Fisterra e gozar de espectaculares postas de sol.

As obras previstas incluiron o encintado completo do muro nos laterais e na súa parte superior, así como na xunta entre o pavimento interior e o muro, reparouse un total de 60,02 m² selando as gretas existentes. Dentro da actuación tamén se contemplou a adecuación do espazo destinado ao estacionamento de vehículos, co fin de reducir o impacto negativo e mellorar a seguridade dos visitantes, levouse a cabo a construción dun murete de pedra, similar ao existente que actúa como peche de seguridade sen alterar a visión paisaxística da contorna.

O proxecto incluíu así mesmo actuacións de mellora da accesibilidade, eliminando barreiras arquitectónicas no acceso ao miradoiro. A zona de bancos e mesas non era accesible para persoas con mobilidade reducida debido ao mal estado do pavimento, a existencia de chanzos e a presenza de pedras soltas. Para resolver estas deficiencias, executouse unha nova zona de pavimento e construíuse unha rampla de 3 metros de lonxitude e 1,63 metros de ancho. O resto do miradoiro se encintou reutilizando a pedra existente.

Por último, levouse a cabo a sinalización do recurso turístico, xa que o miradoiro carecía de calquera tipo de indicación. Instalarónse dous sinais de madeira integradas na contorna: unha na estrada AC-550 e outra no vial secundario ou cruzamento previo ao acceso ao miradoiro. Ademais, colocouse unha mesa interpretativa no propio miradoiro, que permite aos visitantes identificar as localidades visibles e comprender mellor a localización e o valor paisaxístico da contorna. Con esta actuación, a Xunta reforza o seu compromiso coa posta en valor dos recursos turísticos, a mellora da seguridade, a  ccesibilidade universal e a conservación da paisaxe.

Comentarios