Denuncia a Autoestradas de Galicia por non facerse cargo dun rebentón por un elemento de obra sobre o asfalto

Rebenton na AP9

Cansa está a comarca de pagar a peaxe da AG55. Farta está de falsas promesas e da inacción da Xunta de Galicia, pero ese enfado aumenta cando circulamos por unha infraestrutura en mal estado, e na que tes que baixar a 100 km/h en diferentes tramos. Peor se pon a cousa cando sofres un accidente por neglixencia da estrutura.

Así lle pasou a un txista de Corcubión, que ademais de deixarse 100€ mensuais na infraestrutura viaria (unha vía case que sen alternativa pois a AC-552 é interminable entre Coruña e Carballo) ve como Autoestradas de Galicia se nega a facerse cargo dos gastos dun suceso.

Foi en agosto pasado cando Baldomero Lago sufría un rebentón dun neumático dianteiro ocasionado pola presenza dun cepillo de obra sobre o asfalyo. Ademais do susto, e de ter que cambiar a roda, o taxista viu como responsables de mantemento da empresa aparecían polo lugar e o único que fixeron é recoller o cepillo e tomar nota do acontecido.

Despois de meses de tratar o asunto a través do seguro, Autoestradas responde que non se fai cargo do suceso, aegurando que un vehículo de mantemento pasara revisión antes do suceso e que o cepillo debera caer doutro vehículo que precedía na marcha ao taxista.

O taxista ten decidido chegar ata o final para conseguir que lle abonen o desperfecto, sobre todo, por integridade e por loita contra a impunidade das empresas de autoestradas.

Máis novas