Luns. 07.10.2024
El tiempo

O pleno da Deputación tamén pediu a supresión da peaxe da AG55

Peaxe da Autoestrada A Coruna-Carballo
O pleno da Deputación tamén pediu a supresión da peaxe da AG55

Chegou ata o pleno da Deputación o pasado venres a supresión da peaxe da Autopista de Carballo. E cos votos a favor de PSOE, BNG, e Alternativa dos Veciños, e a posición en contra do PP, o pleno acordaba instar ao goberno da Xunta a “eliminación inmediata” a peaxe A Coruña-Carballo así como a de Puxeiros-Val Miñor.

O texto aprobado en pleno destaca “o importante aforro” que supuxo para os galegos a entrada en vigor das bonificacións da AP-9 e aposta por continuar co “avance cara á gratuidade”, tanto nas autoestradas de competencia estatal como nas de titularidade autonómica

No relativo a AP-9, o texto da moción aprobada hoxe polo pleno apoia a súa transferencia a Galicia e aposta polo avance cara a gratuidade para “corrixir a nefasta decisión do Goberno do PP de Aznar, co silencio cómplice da Xunta de Galicia, de castigarnos con peaxes na AP-9 ata o ano 2048”.

Comentarios