Dous todoterreo da Garda Civil para facer prácticas no IES Fernando Blanco

Non, non é que no IES Fernando Blanco agora impartan un FP de Garda Civil. O caso é que a Garda Civil cede dous todoterreo ao IES Fernando Blanco para que o alumnado do Ciclo de Grao Medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles poidan facer prácticas nas distintas materias que compoñen o ciclo formativo.

Trátase dun Toyota Land Cruiser e dun Nissan Terrano que prestaban os seus servizos en Burela e Baralla, e que, unha vez finalizada a súa vida útil na Garda Civil, servirán para que os alumnos do ciclo formativo practiquen reparacións con eles.

O profesorado do ciclo tiña moito interese en contar con algún todoterreo, xa que polas características desta clase de vehículos pódense facer prácticas e tratar determinados aspectos mecánicos que non se poden ver noutra clase de turismos. Por estes motivos están moi satisfeitos e agradecidos por esta cesión gratuíta.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Consuelo Trillo Lago, Directora do IES Fernando Blanco.