Venres. 03.05.2024
El tiempo

Os alumnos do FP de Electricidade de Cee fórmanse a pé de obra

Os alumnos do FP de Electricidade de Cee fórmanse a pé de obra
Alumnos de FP do IES Fernando Blanco de visita empresarial

Tempos de crise e as saídas laborais están complexas en todos os sectores. Pero a Formación Profesional segue a ser unha das máis posibilidades máis acertadas, como valoraban o ano pasado nunhas xornadas en Vimianzo. Hoxe coñecemos unha nova fornada de alumnos ceenses, recordando tamén aos 11 xa presentes electricistas formados o ano pasado no IES Fernando Blanco.

Así, os alumnos de 2º curso do Ciclo Medio de Instalacións Electrotécnicas e Automáticas do I.E.S Fernando Branco de Cee, están en pleno curso. E ademais das materias teóricas, contan con visitas ben interesantes como a que veñen de realizar ás instalacións que a empresa Inaudita S.L ten no concello de Cambre.

A sesión serviulles para realizar un curso de formación de "traballos en altura no sector eléctrico" como complemento á súa formación. Alí practicaron diferentes situacións reais tales como ascensos e descensos a distintos apoios e torres eléctricas, palas de aerogeneradores, etc. que se poden atopar no seu inmediato futuro laboral. Asistiron os 16 alumnos que cursan 2º curso acompañados nesta ocasión polos profesores Sonia Rei e David Arias. Foi unha dura xornada de traballo e formación para todos, con todo como xa ocorrera o pasado curso, todos os participantes volverían repetila con sumo gusto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do equipo directivo do IES Fernando Blanco.

Comentarios