En marcha as Becas Fernando Blanco


A Fundación Fernando Blanco de Lema e o I.E.S. Fernando Blanco de Cee veñen de convocar as Becas-Premio Fernando Blanco correspondentes ó curso 2012-2013. Tralo éxito da convocatoria do ano pasado, Fundación e Instituto tratan de lembrar que o obxetivo de D. Fernando Blanco de Lema foi a construcción na súa vila natal, dun centro de primeira e segunda ensinanza, cuia finalidade era a correcta formación dos alumnos/as da comarca, buscando con elo que non tivesen as carencias formativas que él, e outros tantos coma él, tiveron nas súas infancias. Que mellor maneira de lembrar este feito que a través dunhas becas-premio que leven o seu nome, destinadas a recoñecer o esforzo do alumnado deste emblemático centro educativo.
Ó igual que no curso pasado, ditas Becas-Premio teñen por finalidade premiar a 5 dos mellores expedientes académicos do I.E.S. Fernando Blanco de Cee (cursos: 1º de P.C.P.I; 3º da E.S.O; 1º Bacharelato; 1º de Ciclo Medio de Xestión Administrativa e 1º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas).
Cada unha das Becas-Premio está valorada en 500 € (200 € en metálico e 300 € en vales de compra a consumir nos establecementos colaboradores). A cerimonia de entrega das mesmas celebrarase o 7 de setembro no salón de actos do I.E.S. Fernando Blanco.
Para levar adiante esta iniciativa, a Fundación e o I.E.S. Fernando Blanco contan coa colaboración desinteresada dun total de 11 entidades: Deputación, Estación de Servicio Bazarra, Centro Comercial Finisterrae, Ler Librerías, Fersi Papelería, Aurora Sport, Cabo Sport, Grupo Santitel-Vodafone, Librería Trazos, Praia de Quenxe Cooking & Hotel, Roberto G. Rigaut (Mapfre).
Máis información
As bases que rexerán a concesión das Becas-Premio atópanse na web www.museofernandoblanco.org (apartado becas 2012-2013).
Máis información
Novas relacionadas
- A Fundación Fernando Blanco renova as súas becas coa axuda de Bazarra.
- A Fundación Fernando Blanco artella o I Concurso de Relatos Curtos xuvenil.
- Primeira fornada de becarios da Fundación Fernando Blanco.
- O Museo da Fundación Fernando Blanco vólvese salvar polo apoio empresarial.
- O Unión Club Cee segue acadando apoios empresariais como o de Bazarra.
- Olimpia xa ten gasoliña para correr.
- Bazarra.com, moito máis que a web dunha gasolineira:
- A fotografía toma o museo Fernando Blanco.
- Expoñendo a arquitectura de Domingo Antonio de Andrade.
Fonte
- Nota de prensa da Fundación Fernando Blanco