Venres. 03.05.2024
El tiempo

2 equipos do IES Fernando Blanco na final do concurso Young Business Talents

2 equipos do IES Fernando Blanco na final do concurso Young Business Talents
2 equipos de Alumnos do IES Fernando Blanco estarán na Final do Young Business Talent

Seguen os centros educativos da bisbarra internacionalizándose. Vimos hai pouco aos alumnos de Camariñas intercambiando experiencias coa Young People europea, e xa demos conta da participación do IES Fernando Blanco no Young Business Talents do ano pasado. Este curso volven dous grupos de alumnos do centro ceense clasificarse para a final do concurso Young Business Talents.

Eran máis de 200 equipos os que participaron na primeira fase, galega, do certame. E só pasaron á gran final 14 equipos de toda Galicia, entre eles 2 equipos formados por alumnos e alumnas do IES Fernando Blanco.

Estes equipos, formados por alumnado de 2º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas e estiveron asistidos polo profesor Rogelio Pesqueira, son o "DERAZA" que acabou de 3º clasificado, está formado por: Rocío Canosa López, Iria Martínez Pérez, María Ángeles Martínez Pérez e Elisa Suárez Alvite.

O outro equipo clasificado para a final, no posto 11º, é "LOJODUJU", este equipo está integrado por: Juan Cambeiro Otero, José Lago Barreiros, Lorenzo Pérez Oroña e Eduardo Rivas Insua.

Temos que salientar que houbo máis equipos participantes do IES Fernando Blanco, tanto do Ciclo Medio de Xestión Administrativa como do Ciclo superior de Administración e Finanzas, pero foron quedando eliminados nas distintas fases.

Fase Finla

A capital de España acollerá a última fase que se realizará os días 13 e 14 de abril e que contará con 22.000 euros en premios que se repartirán entre os 25 mellores equipos.

Aquí queda unha mostra de como foi a cita do ano pasado:

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Consuelo Trillo Lago, Directora do IES Fernando Blanco.

Comentarios