Esixen a intervención urxente do Concello ante a cascada de problemas ca piscina municipal de Cee

11:07 26/05/16

Cortes de electricidade, de internet, de teléfono, de auga… as piscinas baleirándose cada vez máis polo mal funcionamento das bombas… A situación na piscina municipal de Cee é cada día máis precaria. Así o aseguran os traballadores, que continúan ademais en loita polos seus problemas salariais coa dirección de Aquacénit.
Uns traballadores que teñen que aguantar ademais as queixas dos usuarios mentres a piscina está pechada. Por iso piden que o Concello actúe xa, porque se "senten sós e abandonados" e denuncian que o grupo de goberno "está mirando para outro lado". "Canto máis tarden en abrir a piscina, será peor", recoñecen os propios traballadores.
Novas relacionadas
- 15-04-16: Usuarios e traballadores maniféstanse pola piscina municipal de Cee.
- 06-04-16: Os traballadores da Piscina Municipal de Cee, en folga contra a concesionaria.
- Outubro 2015: A CIG emprenderá accións legais contra a concesionaria da piscina de Cee polas acusacións contra un ex traballador.
- 03-03-15: A CIG esixe o inmediato rescate da concesión da piscina de Cee.
- 14-01-15: Denuncian a situación laboral na piscina de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).