O IES Fernando Blanco despide cunha homenaxe aos xubilados Joaquín Fachal Casas e Sofía Martínez Ayala

Xubilacion no IES Fernando Blanco de Cee

Día de despedidas este luns no IES Fernando Blanco. O centro ceense rendeu homenaxe a Joaquín Fachal Casas, do Departamento de Electricidade e Electrónica, e a Sofía Martínez Ayala, do Departamento de Administración, con motivo da súa xubilación tras décadas de dedicación ó ensino.

Ao longo das súas carreiras Joaquín e Sofía contribuíron non só á formación académica, senón tamén á transmisión de valores fundamentais dentro e fóra da aula.
O IES Fernando Blanco deséxalles unha nova etapa chea de satisfacción con agradecemento polo seu traballo.

Máis novas