xoves. 26.03.2026
El tiempo

O alumnado do IES Fernando Blanco de Cee esixe actuacións urxentes ante a falta de resposta ao deterioro das súas instalacións

Almunado do IES Fernando Blanco esixindo melloras no centro
Alumnado do IES Fernando Blanco esixindo melloras no centro
O alumnado do IES Fernando Blanco de Cee esixe actuacións urxentes ante a falta de resposta ao deterioro das súas instalacións

O alumnado sumouse ó profesorado do IES Fernando Blanco de Cee denunciando este mércores cunha concentración pública ás portas do centro o estado das instalacións do centro coa presentación dunha pancarta co lema “O noso instituto desfaise: Solucións xa!”.

A situación do edificio resulta cada vez máis preocupante. Pingueiras, problemas eléctricos, un sistema de calefacción deficiente e o mal estado dos teitos forman parte do día a día dun centro que leva tempo advertindo destas deficiencias sen obter, ata o momento, unha resposta efectiva por parte da administración.


"Estas condicións non só dificultan o desenvolvemento normal da actividade lectiva, senón que evidencian a necesidade dunha intervención inmediata", relata o propio alumnado, que lembra que "estas incidencias xa foron comunicadas en reiteradas ocasións polo profesorado e ANPA do centro, e considera inaceptable a falta de actuación ante unha problemática que afecta directamente á calidade do ensino e á seguridade do alumnado e do profesorado".

Por este motivo, toda a comunidade escolar, agora o alumnado a través da ANPA, esíxelle á Consellería de Educación e aos organismos responsables que adopten medidas de maneira inmediata para garantir unhas instalacións seguras e dignas.

Comentarios