mércores. 11.02.2026
El tiempo

"A combinación de pingueiras, humidades e problemas eléctricos supoñen un risco para alumnado e profesora do IES Fernando Blanco"

IES Fernando Blanco Humidades
O IES Fernando Blanco convive coa humidade extrema
"A combinación de pingueiras, humidades e problemas eléctricos supoñen un risco para alumnado e profesora do IES Fernando Blanco"

Puxo de manifesto a semana pasada o profesorado do Centro, a situación extrema que vive o IES Fernando Blanco en canto á precariedade da infraestrurura. Tamén o BNG e o PSOE levaron o asunto ao Parlamento Galego. 

Hoxe é a Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) a que reclama por escrito a adopción inmediata de medidas de seguridade no instituto ceense, tras facerse público o manifesto do claustro no que se alerta do deterioro do centro e do risco existente para alumnado e persoal. O sindicato advirte de que, se non se actúa con rapidez, trasladará a situación á Inspección de Traballo e Seguridade Social.

O manifesto do claustro denuncia filtracións de auga constantes en aulas e corredores, con cubos colocados no chan e superficies molladas, así como cortes de subministración eléctrica reiterados. Esta situación xera especial preocupación en áreas como Automoción, onde se traballa con maquinaria, e provocou xa incidentes que evidencian un perigo real para a comunidade educativa.

CSIF advirte de que "a combinación de pingueiras, humidades e problemas eléctricos supón un escenario incompatible co normal funcionamento dun centro educativo" e coincide cos docentes en que se cruzou "unha liña vermella" en materia de seguridade. A estes problemas súmanse un sistema de calefacción obsoleto, a falta de persoal por unha vacante de conserxería
sen cubrir e a inseguridade nos accesos ao instituto, onde a sinalización insuficiente e a velocidade do tráfico aumenta o risco para o alumnado.

Máis novas

 

Comentarios