xoves. 02.04.2026
El tiempo

A Xunta asegura que non son prioritarias as obras no IES Fernando Blanco

mal estado do IES Fernando Blanco
Imaxe do mal estado do centro ceense
A Xunta asegura que non son prioritarias as obras no IES Fernando Blanco

Que xa leva investidos 900.000€ en obras no centro nos últimos anos (só cuantificou un contrato de 32.000€ para un parche na cuberta) e que non hai máis. Así de rotundo foi o secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, onte no Parlamento a unha pregunta do BNG. Deixou claro que o centro ceense non é prioritario: “as intervencións sempre se acometen en base a criterios e prioridades técnicas obxectivas”.

Vila asegurou que “o departamento educativo da Xunta coñece con detalle a situación do IES”, e sinalou que xa realizaron numerosas intervencións no centro, pero desoindo as chamadas urxentes de toda a comunidade escolar, o secretario xeral técnico incidiu nas prioridades. O representante da Consellería de Educación aclarou tamén que a dotación de persoal do centro é a axeitada para atender ás súas necesidades, tanto a nivel docente como no que atinxe ao persoal subalterno.

O BNG, crítico

Foi o BNG o que levou desta volta o asunto ao Parlamento, pedido que a Xunta se comprometese a realizar todas as obras de rehabilitación que necesita ceense. O deputado Oscar Insua sinalou que se toda a comunidade escolar está en pé guerra por algo será.

Insua denuncia que o goberno galego utiliza criterios políticos, non só técnicos, para priorizar as actuacións de reforma en centros escolares segundo quen goberne o concello.

Máis novas

Comentarios