Venres. 18.10.2019
El tiempo

O luns comezarán os traballos de limpeza do Polígono de Cee

O luns comezarán os traballos de limpeza do Polígono de Cee
O luns comezarán os traballos de limpeza do Polígono de Cee

O pasado mes de setembro, SEA comprometíase a levar a cabo unha limpeza do Polígono Empresarial de Cee, ademais de intenta prmovelo. A limpeza xa está en marcha, despois de que a entidade semipública anunciase a contratación dos traballos á empresa Construciónes Juan Lago S.L. por un importe de 5.991 euros.

Uns traballos de limpeza, roce, eliminación da vexetación e xestión da biomasa vegetal das parcelas, que comezarán a partir do próximo luns.

A alcaldesa Margarita Lamela aseguraba que as parcelas municipais tamén están sendo desbrozadas. De feito, as rotondas e os viais xa están limpas de toxeiras, e espera que a brigada poidan comezar coas parcelas municipais esta mesma semana.

Accións de dinamización

Asegura a entidade que en paralelo, continúa coa promoción do polígono industrial e as xestións necesarias ante distintos sectores empresariais e económicos encamiñadas a incrementar a implantación de empresas nun área industrial estratéxica para a comarca.

Novas relacionadas

Comentarios