Mércores. 20.11.2019
El tiempo

Marcote: “As chuvias chegaron tarde para nós, pero aínda así salvamos os mobles con 130 especies”

Marcote: “As chuvias chegaron tarde para nós, pero aínda así salvamos os mobles con 130 especies”
Marcote nunha visita guiada pola exposicion de cogumelos nas Xornadas Micoloxicas de Cee 2017-Foto-Rafa Quintans Marcote realizando unha visita guiada pola exposicion de cogumelos nas Xornadas Micoloxicas de Cee 2017-Foto-Rafa Quintáns

Volveuse encher a Casa da Cultura de Cee de cogumelos, no marco das XVII Xornadas Micolóxicas Costa da Morte. A Asociación Pan de Raposo conseguiu unha fermosa exposición con máis de 130 especies a pesar das malas previsións debido á meteoroloxía. “Non chegamos ás 200 especies como soemos ter, pero dando o clima non nos queixamos”, coméntanos un dos organzadores, José Manuel Castro Marcote. “Tiñamos a barreira psicolóxica de chegar a 100, e a superamos, pero non foi polas chuvias deste comezo de novembro, que para nós chegaron tarde”, recoñece. “Tivemos que currar como facía anos que non o facíamos para conseguir tantas especies, pero como temos enchufe no monte, conseguimos xuntar tantas”.

Ademais da exposición, o gran centro neurálxico das Xornadas, sobre todo coas interesantísimas visitas guiadas pola mesma realizadas polo propio Marcote e Manuel Pose Carracedo, houbo 3 conferencias sobre os cogomelos e tamén sobre a fauna. Chemi Costa, Marcote e Chisco Lema foron os encargados.
Entre as novidades, este ano triunfou o taller para nenos, máis completo e ambicioso, que permitiu a ducias de crianzas a coñecer mellor este curioso mundo fungi.

En canto a afluencia, pareceu que moita xente de fóra non criu que ían ter unha exposición tan boa, e por iso o sábado notouse algo menos de xente que os últimos anos. Non así o sábado, cando xa se orriu a voz de que a exposición estaba ben interesante, e onde a Casa da Cultura encheuse de afeccionados e aprendices ao mundo dos cogomelos.

Xornadas Micoloxicas de Cee 2017-Foto-Rafa Quintans Exposición das Xornadas Micoloxicas de Cee 2017-Foto-Rafa Quintáns Jose Marcote nas Xornadas Micoloxicas de Cee 2017-Foto-Rafa Quintans Jose Manuel Castro Marcote -Foto-Rafa Quintans  

Falamos con José Manuel Castro Marcote sobre as circunstancias climatolóxicas destes últimos anos:

  • QPC: Como inflúen as chuvias desta fin de semana?

Como digo, para nós a chuvia chegou tarde, pero as chuvias desta fin de semana van influír moito. O venres saímos e non había nada, pero xa os prados, onde hai máis humidade si que se vía algún botonciño. Onte domingo xa había algún níscalo, e creo que esta semana vai saír bastante cousas, sobre todo na costa, e tamén no interior se non baixan demasiado as temperaturas.

 

O tempo dos últimos 15 anos levan sendo outonos moi estranos, alongándose moito a seca do verán ata outubro, case todos os anos. Este ano chegou ata novembro. E tamén veñen os fríos moi rapidamente, caendo as primeiras neves moi rápido, polo que no interior a temporada se acorta moito. Antes os cogomelos tiñan un orde de aparición, pero agora cando chove saen todas xuntas. Esta tendencia non sei se hai algo que vai quedar ou vai ser cíclico. Está dando cousas diferentes, cousas máis raras, pero os que estide Queda 10-15 días bos, pero aquí na costa soe extenderse moito, ata decembro-xaneiro. Estiven vendo Clauthrus Archeri. Eso é unha invasora que leva dende a II Guerra Mundial nas forraxes ou ca la, e se foi extendendo por toda a zona, á Costa chegou a 20 anos e hoxe a zona está chea. Sempre desprazan algunha especie autóctona ata que estas reaccionan   Xornadas Micoloxicas de Cee 2017-Foto-Rafa Quintans 3 Fotos das Xornadas Micoloxicas de Cee 2017-Foto-Rafa Quintans

Vindeira parada, en Fisterra

”Queda 10-15 días moi bos, polo que a vindeira fin de semana en Fisterra haberá moitas cousas. Haberá charla, e unha exposición máis sinxela que a de Cee, pero máis específica, máis centrada na realidade de Fisterra, nos pinares, nas praias”, apunta.

Xornadas micoloxicas Fisterra 2017  

Outras novas micolóxicas

Xornadas Micolóxicas de Cee

Artigos de Castro Marcote

  • Cogomelos de Coresma:
  • Champiñóns.
  • Lepiotas mortais.
  • Os donos dos cogomelos silvestres.
  • Coas cousas de morrer non se xoga.
  • Fungos insecticidas.
  • Intoxicación con cogomelos.
  • “Guía de cogomelos dunares do litoral atlántico galego”, o novo libro de José Manuel Castro Marcote.
  • Fonte

    Comentarios