Martes. 22.10.2019
El tiempo

O mestre do IES Fernando Blanco, Fernando Castro Paredes, gañador do XIX Premio de Teatro Rafael Dieste

¡
Fernando Castro Paredes suma un novo premio
Fernando Castro Paredes suma un novo premio
O mestre do IES Fernando Blanco, Fernando Castro Paredes, gañador do XIX Premio de Teatro Rafael Dieste

O escritor e profesor do IES Fernando Blanco de Cee, Fernando Castro Parede, acaba de ser nomeado gañador do IX Premio Teatro Rafael Dieste da Deputación da Coruña. A súa obra "Amorodo agre", foi escollida polo xurado, sumando así outro premio ao seu traballo no eido do teatro escolar e afeccionado, unha vez que xa ten levado os certames Varela Buxán e Vidal Bolaño de textos teatrais.

A "elaborada construción dramática, concretada en varios aspectos que van desde un arranque impactante que consegue manter a emoción e o interese ao longo de toda a peza”, foi un dos puntos que valorou o xurado, composto pola actriz Mabel Rivera, a escritora Marga do Val, o profesor, investigador e especialista en Arte Dramática, Carlos Vizcaíno Fernández, a actriz e creadora escénica Marta Pérez e o autor gañador da edición anterior, Ernesto Is, para escoller a obra entre as 46 presentadas.

Castro Paredes é licenciado en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela, e ademais de ser profe secundaria no IES ceense, é un dos coordinadores da agrupación escolar Tuéjele Teatro e membro do Grupo Farándula Velutina, cos que desenvolve actividades por toda a xeografía galega. É autor de “A derradeira bala”, gañador do I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño 2018, dos poemarios “Caderno de don(i)celas”, “Coma se nada sucedese” e “Excrementos” (todos eles accésits do Premio Francisco Añón de Poesía); do relato “O espacio exterior” (Premio de Narrativa Historias na Universidade) e das pezas teatrais “Pallaso” (Premio Varela Buxán de Textos Teatrais) e “No ventre da balea” (accésit do Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle).

Castro Paredes estreará a obra Papiroflexia, o vindeiro 20 de outubro en Corcubión.

Comentarios