Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O BNG de Cee critica a privatización da gardería e a venda de inmobles

O BNG de Cee critica a privatización da gardería e a venda de inmobles

Volve saír a voz pública a crítica do BNG ceense polos procesos de privatización que está a desenvolver o goberno. Tralas novidades sobre a xestión da Escola de Música, hoxe o BNG critica a "inminente privatización da garderías do concello de Cee, unha xa activa e outra por abrir" ademais de amosar contrario á venda de bens múnicipais.

O voceiro do BG local, Sergio Domínguez, asegura que “a externalización deste servizo traerá consigo una forte subida no prezo por neno ou nena que os pais deben pagar, tal é como recoñeceu a alcaldesa en plenos pasados. Estas subidas de taxas, lonxe de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, farán mais difícil aos país e nais poder chegar a este servizo tan esencial. Nos tempos de crise que nos está a tocar vivir, o servizo de gardería ten que ser accesíbel para todos e todas, e unha suba nos prezos non é a mellor maneira de achegala a cidadanía”.
Deste xeito, demandan do goberno municipal que “desista da privatización deste servizo e explore outras alternativas de viabilidade como están a facer concellos do arredor coma Carnota, como é pasar a escola a rede de escolas infantís da Xunta de Galiza”.

Venda de inmobles

Ao mesmo tempo, Domínguez lembrou que se a comezos do 2009, o ex alcalde Ramón Vigo sacou a venda os dous pisos de protección oficial que ten en propiedade o Concello, "o goberno actual de Cee, acaba de sacalos de novo á venda".
Así, declara que “mostrámonos en contra da venda desas propiedades, porque poden ser precisas en calquer momento para acoller a veciños ou veciñas que poidan sofrir nas súas vivendas a consecuencia dun temporal, unha inundación, ou calquer outro imprevisto; así como poden ser útiles para acoller as vítimas da violencia de xénero ou calquer outra circunstancia. Non é de recibo acabar co patrimonio de Cee para facer fronte aos gastos do concello”.

Os concelleiros non adscritos tamén se opoñen

Os que tamén rexeitan a venda de inmobles son os concelleiros non adscritos que participan do goberno de coalición en Cee, baixo o nome da Asemblea Nacionalista de Cee. O grupo considera "estas propiedades moi necesarias e útiles nos tempos difíciles que estamos a vivir". Lembran que "as vivendas poden ser moi útiles non só en circunstancias de forza maior (inundacións, danos en vivendas por temporais,…) senón que poden acoller temporalmente a persoas ou familias en diversas circunstancias. Por exemplo, en casos de desafiuzamento por non poder fronte ao pagamento da súa hipoteca ou para acoller víctimas de violencia doméstica".

Así, explican que "a xestión da área de servizos sociais correspóndelle ao Partido Popular, que non comparte a necesidade de manter estas vivendas no patrimonio municipal de Cee".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.

Comentarios